Enfermedad del legionariofactores pronósticos de ingreso en unidades de cuidados intensivos y de mortalidad de las neumonías por "Legionella pneumophila"
- Regueiro Mira, María Virtudes
- Salvador Pita Fernández Director
Universidade de defensa: Universidade da Coruña
Fecha de defensa: 17 de outubro de 2016
- Radhames Hernandez Mejia Presidente/a
- Teresa Seoane Pillado Secretario/a
- Vicente Gil Guillén Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Introducción: A enfermidade do lexionario é unha doenza bacteriana multisistémica, causante de neumonías con mortalidade elevada en pacientes con comorbilidade e ingresos en Unidades de coidados intensivos. Obxetivo: Determinar factores pronósticos de mortalidade e de ingreso en UCI. Material e métodos: Trátase dun estudo de seguemento retrospectivo de pacientes diagnosticados de neumonía por Legionella pneumophila no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) durante o período 2000-2013 (n=240). Realizou-se unha análise de regresión loxística multivariada. Obtivo-se a autorización do Comité de Ética de Galicia CEIC Galicia 2014/147. Resultados: A idade media foi de 57,2±15,4 anos. En canto ó sexo, o 88,3% fueron homes. A puntuación media de comorbilidade (score de Charlson) foi de 2,3±2,3. Existe unha clara estacionalidade. A clínica predominante foi febre (92,5%), tose seca (38,1%) e disnea (33,9%). O 29,7% presentou aclaramento de creatinina menor de 60 mL/min/1,73 m2 e o 58,3% sodio menor de 135 mEq/l. Un 16,3% ingresou en UCI, precisando ventilación mecánica invasiva o 10,8%. A mortalidade foi de 4,6% e do 23,1% nos ingresados en UCI. Variables asociadas para predecir ingreso en UCI foron a idade (OR=0,96), hepatopatía previa (OR=7,13), disnea (OR=4,33), síndrome confusional (OR=5,86) e lactatodeshidrogenasa elevada (OR=1,002). As variables asociadas a mortalidade intrahospitalaria foron o índice de Charlson (OR=1,70), ventilación Resumen 24 mecánica invasiva (OR=31,44) e cifras elevadas de lactatodeshidrogenasa (OR=1,002). Conclusións: Na neumonía por L. pneumophila, os doentes xóvenes, con hepatopatía previa, disnea o confusión mental teñen mais probabilidade de ingresar en UCI. A comorbilidade, a necesidade de ventilación mecánica invasiva e os niveis de lactatodeshidrogenasa sérica elevados asocianse á mortalidade.