A global perspective of the health systems and their relationship with the economy

  1. Vilariño López, María del Carmen
Dirigida per:
  1. Melchor Fernández Fernández Director/a
  2. André Carrascal Incera Director
  3. Yolanda Pena Boquete Director/a

Universitat de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 10 de de juliol de 2023

Tribunal:
  1. Carmen Ramos Carvajal Presidenta
  2. Xesús Pereira López Secretari/ària
  3. Fernando Bermejo Patón Vocal

Tipus: Tesi

Resum

A pandemia do COVID-19 foi a demostración definitiva da importancia crucial da saúde para a poboación mundial e a necesidade de contar con sistemas sanitarios eficientes que permitan garantir e mellorar a saúde da poboación. Tamén puxo de manifesto a importancia que pode chegar a ter a saúde na economía, tanto a nivel nacional como internacional. Estudar conxuntamente ambos os enfoques permite identificar as posibilidades de mellora do sistema e tamén coñecer as implicacións económicas de posibles medidas ou investimentos a realizar no sector. O noso obxectivo é contribuír a esta análise conxunta, achegando novos enfoques e resultados. Este estudo, desenvolve unha avaliación do desempeño para 75 países, calculando a mortalidade previble e tratable para todos eles. O cálculo realízase desagregando ambos tipos de mortalidade e obtéñense resultados detallados para 12 causas ou grupos de enfermidades diferentes. Tamén se identificaron diferentes clústers e subclústers de países en función desta distribución de mortalidade previble e tratable. Os resultados obtidos móstrannos unha importante heteroxeneidade entre países e tamén ofrecen información interesante desde o punto de vista do benchmarking, en canto ao deseño de políticas ou medidas relacionadas coa saúde a través da prevención e o tratamento.