A cuestión sen resolver das políticas de igualdadea conciliación da vida persoal, familiar e laboral como principal obstáculo á promoción profesional en condicións de igualdade
-
1
Universidad de Oviedo
info
ISSN: 1696-3083
Año de publicación: 2019
Número: 8
Páginas: 29-83
Tipo: Artículo
Otras publicaciones en: Revista Galega de Dereito Social - 2ª etapa: (RGDS)
Resumen
Este traballo ten por obxecto examinar as políticas lexislativas postas en marcha para promover a igualdade de trato entre homes e mulleres, e a conciliación das responsabilidades familiares e laborais dos traballadores. Con iso preténdese demostrar que a conciliación é hoxe o principal obstáculo para a consecución da igualdade real e efectiva na promoción profesional das mulleres; e tamén que o modo en que o lexislador afrontou o tratamento da conciliación contribuíu, precisamente, a consolidar a discriminación que sofre a muller na súa promoción profesional. A política lexislativa de conciliación orientouse sempre á corresponsabilidade, pero esta non neutraliza os efectos negativos que a asunción de responsabilidades familiares ten na promoción profesional. Simplemente estende ese risco aos homes que a asumen. Ademais, a conciliación tratouse sempre como unha cuestión de discriminación por razón de sexo, o que, en realidade, ratifica a idea de que as responsabilidades familiares corresponden ás mulleres. Doutra parte, as reservas e preferencias nos ascensos formúlanse atendendo só ao sexo, o que relega dobremente ás mulleres que decidiron conciliar a súa vida laboral e familiar.