Prevalencia de artrosis, calidad de vida y dependencia en una muestra aleatoria poblacional en personas de 40 y más años de edad

  1. Rodríguez Veiga, David
Dirixida por:
  1. Salvador Pita Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 24 de xullo de 2017

Tribunal:
  1. Radhames Hernandez Mejia Presidente/a
  2. Cristina González Martín Secretario/a
  3. Vicente Gil Guillén Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 479343 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Obxectivos: Determinar a prevalencia de artrose sintomática en mans e xeonllos nunha mostra aleatoria poboacional, as variables asociadas á súa presenza, a calidade de vida e o nivel de dependencia. Metodoloxía: Estudo descriptivo observacional, nunha mostra aleatoria poboacional (Cambre, A Coruña; n=707 pacientes) (α=0,05; precisión: ±4%). Unha vez obtido o consentimento informado (aprobación CEIC 2008/264) estudáronse variables antropométricas, comorbilidade, parámetros analíticos, antecedentes médicos, calidade de vida, nivel de dependencia, e exploración clínica de mans e xeonllos. Para determinar a calidade de vida utilizáronse os cuestionarios validados SF-36, WOMAC e Lequesne. Análise descriptiva e multivariada de regresión loxística. Resultados: O 56,3% dos pacientes foron mulleres e a media de idade 61,75 anos. A prevalencia de artrose sintomática de mans foi do 38% e nalgún xeonllo do 29,3%. As persoas con artrose presentaron peor calidade de vida que a poboación xeral medida mediante os cuestionarios SF-36 no seu compoñente físico (52,25±9,11 vs 55,08±7,37), Lequesne (8,97±4,43 vs 1,92±2,64) e WOMAC. Conclusións: Existe unha alta prevalencia de persoas con artrose que se modifica co xénero, a idade e o IMC. Os pacientes con artrose de xeonllo tiveron peor calidade de vida que a poboación xeral.